Pobo lenca

Pobo lenca
Mulleres lenca no mercado, Honduras.
Poboación
Poboación total:
137 000
Rexións principais:
Honduras100 000 (2008)[1]
O Salvador37 000[2]
Aspectos culturais
LinguaCastelán
Antigamente: linguas lenca
RelixiónIgrexa católica

Os lenca[3] son un pobo indíxena que habita no suroeste de Honduras e no leste do Salvador, en América Central. Outrora falaban o lenca, pero no presente está extinto. En Honduras, os lenca son o meirande grupo indíxena, cunha poboación que rolda as 100 000 persoas. A poboación lenca do Salvador estímase nunhas 37 000 persoas.

Antes da conquista dos españois, os lenca tiñan contacto con maias así como con outros pobos indíxenas do territorio do actual México e América Central. A orixe dos lenca é obxecto de debate para os antropólogos e os historiadores. Os estudosos suxeriron que os lenca migraron dende a rexión de América do Sur hai 3 000 anos.

Grupos indíxenas do Salvador na época da conquista española.
  1. María Fiallos (2008). Adventure Guide to Honduras & the Bay Islands. Oxford: Hunter Publishing Inc.
  2. Ethnologue report for language code: Lenca
  3. "Entrada lenca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 20 de novembro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search